Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

satélite xeoestacionario

Satélite deseñado para orbitar nun círculo coplanar co ecuador e a unha velocidade angular igual á rotación da terra.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo: 
A maioría dos satélites de comunicacións son xeoestacionarios.
Información complementaria: 
A pretensión é que se vexa o satélite como un punto fixo no ceo para poder utilizar antenas directivas con apuntamento fixo. Os servizos de radiodifusión directa vía satélite só son posibles cun satélite xeoestacionario xa que se necesita apuntar cunha antena barata e sen sistema de seguimento (antena parabólica de apuntamento fixo). Facer que un satélite sexa xeoestacionario implica fixar a súa velocidade. Dada a velocidade, está dada tamén a altura sobre a terra.
Ver tamén: 
satélite artificial; satélite de comunicacións
Traducions
Tradución portugués: 
satélite geoestacionário
Tradución castelán: 
satélite geoestacionario; satélite GEO
Tradución francés: 
satellite géostationnaire
Tradución italiano: 
satellite geostazionario
Tradución inglés: 
geostationary satellite