Fenómeno consistente nunha ou varias magnitudes físicas que se trasladan no espazo segundo unha función, que depende ao mesmo tempo do espazo e do tempo.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
NA
Abreviatura:
NA
Información complementaria:
Hai dous tipos de ondas especialmente importantes nas tecnoloxías da información: as acústicas (ondas de presión acústica) e as electromagnéticas (ondas de campo eléctrico e magnético). Todas as ondas son matematicamente a solución dunha determinada ecuación en derivadas parciais chamada ecuación de onda.
Ver tamén:
onda acústica; onda electromagnética