Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

telealimentación

Alimentación dun equipo a distancia aproveitando o cable que permite comunicarse co equipo.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
alimentación remota
Información complementaria: 
O exemplo máis importante de telealimentación é o dos terminais telefónicos que son alimentados pola liña desde a central local da que dependen. Existen algúns exemplos de telealimentación sen arames como, por exemplo, as etiquetas RFID pasivas. De todos os xeitos, a telealimentación é case sempre vía cable. Normalmente, os cables de telecomunicación permiten pasar sinais continuos sen perdas importantes e sen interferir co fluxo de sinais de información.
Traducions
Tradución castelán: 
telealimentación
Tradución inglés: 
remote power supply