Método de cifraxe de clave pública que se basea no problema matemático dos logaritmos discretos.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Nun corpo discreto no que todas as operacións se fan módulo M, o logaritmo é moi difícil de calcular.
Debe o seu nome ao matemático exipcio Taher ElGamal. O algoritmo de ElGamal é un tipo de cifraxe asimétrica libre de patentes. Por contra, o método RSA foi patentado polos seus autores.
Ver tamén:
criptografía; sistema criptográfico asimétrico