Propiedade física das ondas que describe a orientación das súas oscilacións: nas ondas transversais ou planas, a polarización vén definida no plano perpendicular á propagación das ondas; nas lonxitudinais ou lineais, coincide coa dirección de propagación.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Información complementaria:
No caso das ondas electromagnéticas, a polarización está definida pola dirección do vector do campo eléctrico.
Ver tamén:
campo eléctrico; onda; onda electromagnética







