Intervalo de ancho de banda de frecuencia suficientemente estreito como para asegurar a resposta en frecuencia plana, pero que implica un esvaecemento sufrido polo sinal idéntico en toda a banda de frecuencia da canle.
(Non se confunda coa outra acepción máis xeral de banda estreita).
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
banda angosta
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
Unha canle considérase de banda angosta cando a súa anchura ten un valor inferior ao ancho de banda de coherencia Bc determinado para as frecuencias implicadas. Este valor de Bc determina a frecuencia por encima da cal a canle sufrirá esvaecemento selectivo en frecuencia, feito que implica a aparición de interferencia entre símbolos para unha transmisión dixital.
Ver tamén:
banda de frecuencia; espectro electromagnético