Ferramenta, en código aberto, de animación e deseño 2D vectorial pensada para producir películas animadas de gran calidade con poucas persoas e recursos.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Synfig elimina a tarefa do tweening manual, producindo unha animación suave e fluída sen que o animador teña que debuxar cada cadro individualmente. Isto permite producir animacións 2D con menos persoas e creando arte de maior calidade.
Ver tamén:
Animación 2D; Inkscape; tweening