Programa de modelado en 3D que permite colocar os modelos dos edificios deseñados en Google Earth.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Foi deseñado para ser moito máis fácil de usar que outros programas de CAD en 3D. Unha característica asociada con este programa é a creación por parte de Google da 3D Warehouse que permite a procura de modelos realizados por outros usuarios do programa para poder utilizalos como punto de partida para os seus propios deseños. Tamén permite subir os propios modelos para que outros os poidan baixar e utilizar creando así unha comunidade de deseños SketchUp.
Ver tamén:
Google Earth; 3D Warehouse