Rede social que pon en contacto ás persoas cos seus amigos, compañeiros de traballo ou estudos, etc.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Creado por Mark Zuckerberg, orixinalmente era un sitio para estudantes da universidade de Harvard, pero actualmente está aberto a calquera persoa que teña unha conta de correo electrónico. Os usuarios poden participar nunha ou máis redes sociais, en relación coa súa situación académica, o seu lugar de traballo ou rexión xeográfica. Recibiu moita atención na blogosfera e nos medios de comunicación ao converterse nunha plataforma sobre a que terceiros poden desenvolver aplicacións e facer negocio a partir da rede social. A pesar diso, existe a preocupación acerca do seu posible modelo de negocio, dado que os resultados en publicidade reveláronse como moi pobres. En novembro de 2008 chegou a ter a maior cantidade de usuarios rexistrados en comparación con outros sitios web orientados a estudantes de nivel superior, tendo máis de 200 millóns de usuarios activos en todo o mundo. Un dos motivos da crecida de usuarios é que, a principios dese mesmo ano, Facebook lanzou a súa versión en francés, alemán e español para impulsar a súa expansión fóra de Estados Unidos, xa que os seus usuarios se concentraban en Estados Unidos, Canadá e Gran Bretaña.