Circuíto dun transmisor que activa a transmisión cando detecta son que supere un determinado volume.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
circuíto vox; circuíto detector de fala
Exemplo:
A trasmisión actívase polos circuítos VOX.Información complementaria:
Cando se trata de actividade vocal, evita ter que premer manualmente un conmutador para pasar de recepción a transmisión. Xeralmente inclúe un control de retardo que deixa o circuíto activado por un pequeno período de tempo despois que cese o son: isto fai que o sistema non se desactive durante pequenas pausas na fala. O uso da forma VOX, ademais de ser o acrónimo do orixinal inglés, está apoiado tamén por ser a tradución ao latín de "voz".
Ver tamén:
circuíto; filtro pasa-altos