Principio básico da teoría de circuítos que consiste en relacionar a tensión aplicada nos extremos dunha resistencia e a corrente que circula por ela.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
É necesario coñecer a Lei de Ohm para aplicar as Leis de Kirchhoff e resolver un circuíto.Información complementaria:
A lei de Ohm foi formulada por Georg Simon Ohm. Debido aos estudos deste físico e matemático a unidade de resistencia chámase ohm.
A expresión matemática da lei é V = I*R que establece que a tensión aplicada nos extremos é igual ao produto da corrente pola resistencia.
Ver tamén:
ampere; corrente eléctrica; Leis de Kirchoff; ohm; resistencia eléctrica; tensión; volt