Nome do computador utilizado por Tim Bernes-Lee como primeiro servidor Web.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
A empresa NeXT Computer foi creada en 1985 por Steve Jobs (Apple Computer) para realizar potentes estaciones de traballo. NeXT tiña un microprocesador Motorola 68030, 64 MB de RAM e unha unidade de almacenamento magneto-óptica de 256 MB. Naqueles anos o almacenamento masivo en discos duros magnéticos era moi caro. A tecnoloxía magneto-óptica que permitía abaratar custos fronte ao disco duro magnético aínda era sensiblemente máis lenta.