Plataforma en liña onde se poñen en contacto anunciantes que queren publicitar a súa marca, produtos ou servizos con páxinas web de todo tipo e tamaño que estean interesadas en incluír publicidade na súa site e obter ingresos.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
Unha das vantaxes que teñen as redes de afiliados é que poden chegar a centos de webs que promocionen os teus produtos.Información complementaria:
A rede de afiliados vive da comisión que o anunciante lle paga ao afiliado. É un medio, un lugar onde anunciantes e soportes se atopan. Uns indican a comisión que lles ofrecen aos soportes por utilizar a súa publicidade e os outros, sabendo esta comisión, utilizan un anunciante ou varios.