'Intercambio de obxectos', protocolo de comunicación para o intercambio de obxectos binarios entre diferentes dispositivos.
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
OBEX
Exemplo:
O OBEX sopórtano case todas as PALM, agás as máis antigas.Información complementaria:
Unha das primeiras aplicacións máis populares con este protocolo foi para a Palm III, empregado para o intercambio de datos ou aplicacións.
É mantido pola Infrared Data Association (IrDA) e tamén foi adoptado polo Bluetooth SIG e a Open Mobile Alliance (OMA) para o SyncML.