Imaxe dixital que non foi procesada e contén os datos tal como están na saída do sensor.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
imaxe crúa; imaxe sen procesar; negativo dixital (v. ficha sobre a extensión "RAW")
Exemplo:
A imaxe RAW ocupa 40 MB.Información complementaria:
Normalmente as cámaras dixitais almacenan as imaxes nun formato comprimido. Cn esta compresión prodúcese unha perda de datos, ruído de cuantificación, etc. No contorno profesional e semiprofesional as cámaras permiten almacenar os datos sen codificar e sen perdas, e ademais normalmente con maior profundidade de cores.
Ver tamén:
Complementary Metal Oxide Semiconductor; dispositivo de cargas eléctricas interconectadas; formato de arquivo; Joint Photography Experts Group; mapa de bits; raw