Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

erlang

Unidade adimensional utilizada en telefonía como medida estatística da intensidade ou densidade do tráfico telefónico.

Categoría Gramatical: 
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
Erl
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Recibe o nome do enxeñeiro danés A. K. Erlang, pioneiro da teoría de colas. O tráfico dun Erlang corresponde a un recurso utilizado de forma continua, ou dúas canles utilizados ao 50%, e así sucesivamente. Por exemplo, se unha oficina ten dous operadores de teléfono e ambos están ocupados durante todo o tempo, isto representa dous erlangs de tráfico, ou se a canle de radio está ocupada durante trinta minutos nunha hora, dise que soporta un tráfico de 0.5 erlangs. En xeral, se a taxa de chamadas entrantes é de λ por unidade de tempo e a duración media dunha chamada é h, entón o tráfico A en erlangs é: A = λh. Isto pode ser usado para determinar se un sistema está sobredimensionado ou se queda curto (ten demasiados ou moi poucos recursos asignados). 1 erlang de carga indica a ocupación continua, ao 100 %, dun circuíto telefónico, mentres que unha liña permanentemente libre corresponde a 0 erlang.
Traducions
Tradución portugués: 
erlang
Tradución castelán: 
erlang
Tradución francés: 
erlang
Tradución italiano: 
erlang
Tradución inglés: 
erlang
Tradución alemán: 
Erlang