Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

máquina de estados finitos

Modelo de comportamento determinista dunha máquina que ten un número finito de estados internos e transicións entre eles en función dunhas variables externas e se pode representar mediante táboas ou grafos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
autómata de estados finitos
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
As máquinas de estados finitos son modelos nos que se basean as arquitecturas máis comúns de computadores (Modelo de Von Neumman) ou calquera autómata que responda de igual xeito a unha secuencia de entrada. Os estados representan a acción interna (calcular A+B) e as transicións os cambios entre eles, que dependen dunhas variables externas ou secuencias de entrada. Sistema determinista onde o chou non está involucrado en futuros estados do sistema, é dicir, coñecendo o estado actual do sistema, as variables de ambiente e o comportamento do sistema ante os cambios no ambiente, pódese predicir sen ningún risco de erro o estado seguinte do sistema.
Ver tamén: 
arquitectura de Von Neumann; grafo de estados; rede neuronal
Traducions
Tradución portugués: 
máquina de estados finitos; autômato finito
Tradución castelán: 
autómata finito; máquina de estados finitos
Tradución francés: 
automate fini; machine à états finis
Tradución italiano: 
automa a stati finiti; ASF
Tradución inglés: 
finite state machine; FSM; finite state automaton
Tradución alemán: 
endlicher Automat; EA; Zustandsmaschine