Técnica de multiplexación similar á división por frecuencia que permite transmitir por unha soa fibra centos de lonxitudes de ondas distintas, (de aí o de densa), incrementando o ancho de banda efectivo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
multiplexación por lonxitude de onda densa
Abreviatura:
DWDM
Exemplo:
Os principais fabricantes dos equipos de multiplexación densa por lonxitude de onda son Alcatel-Lucent, Nortel e Huawei.Información complementaria:
Esta técnica incrementa o ancho de banda efectivo. Utilízase con fibras monomodo. Ten a desvantaxe de ser un sistema de transmisión moi caro (existen alternativas máis baratas como CWDM). En cada unha das lonxitudes de onda, separadas 0,4 nm (ou 50 GH) pódese transporta un sinal de calquera tipo de ata 40 Gbps durante un tramo, sen rexeneración de 5000 km. Para enlaces troncais, con alto tráfico, faise indispensable. Un equipo DWDM componse de dous multiplexadores ópticos aos extremos, un amplificador óptico e un multiplexador especial que permite a extracción e adicción de canles. Os principais fabricantes dos equipos DWDM son Alcatel-Lucent e Huawei.
Ver tamén:
Coarse Wavelength Division Multiplexing; multiplexación por lonxitude de onda