Proceso de xestión que ten como obxectivo investigar as causas de toda alteración real ou potencial do servizo, determinar as posibles solucións, propoñer as peticións de cambio para restablecer a calidade e realizar revisións post-implementación para asegurar que os cambios produciron os efectos buscados sen crear problemas de carácter secundario.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
A xestión de problemas pode ser reactiva cando trata de analizar as incidencias ocorridas para descubrir as súas causas e propoñer solucións a estas ou proactiva se pretende monitorar a calidade da infraestrutura e analizar a súa configuración co obxectivo de prever incidencias.