Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

código de redundancia

Información extra que se lles engade aos datos binarios para protexelos contra erros de transmisión e de lectura dun soporte magnético ou óptico.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo: 
A letra do NIF é un código de redundancia.
Información complementaria: 
Os códigos correctores calcúlanse a partir dos datos e engádense a estes. Se recibimos/lemos os datos xunto co código, compróbase a corrección matemática. Se coincide, suponse que os datos son correctos (a probabilidade de que varios erros cancelen a comprobación é moi baixa). Se non coincide pódense tomar dúas accións: - Solicitar retransmisión dos datos (código detector de erros). - Estudar matematicamente as causas e "corrixir sobre a marcha" tomando a opción máis probable (código corrector de erros). Case todos os códigos son susceptibles de seren usados como detectores ou correctores. O uso dependerá sobre todo da aplicación: - As aplicación telemáticas (transferencia de ficheiros, Internet, datos bancarios, etc.) requiren exactitude total e polo tanto códigos correctores. - Aplicacións multimedia (TV e radio dixitais) requiren corrección sobre a marcha (forward error correction).
Ver tamén: 
código corrector; comprobación de redundancia cíclica; redundancia dinámica
Traducions
Tradución portugués: 
código de redundância
Tradución castelán: 
código de redundancia
Tradución francés: 
contrôle de redondance
Tradución italiano: 
controllo a ridondanza
Tradución inglés: 
redundancy code
Tradución alemán: 
Redundanzprüfung