Sensación de luminosidade que produce a luz visible no sistema visual humano.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
luminancia
Información complementaria:
Nas imaxes en branco e negro, a cor de cada punto caracterízase por un único número que é o brillo. Un brillo nulo corresponde ao negro, un brillo máximo ao branco e os valores intermedios aos diferentes valores de gris.
Ver tamén:
colorimetría