Cable de pares trenzados sen blindar utilizado nos sistemas de cablaxe estruturada para facer a distribución ou cablaxe horizontal: distribución desde o nó de cada planta a cada un dos postos de traballo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
cabo UTP
Información complementaria:
Este cable consiste en catro pares trenzados de fío de cobre (cada par formado por un condutor activo e unha terra) que poden levar sinais de voz ou de datos. A calidade do cable mídese por categorías sendo a categoría 3 suficiente para voz e as categorías 5 e 6 necesarias para datos (categoría 5 para 100 Mbps e 6 para 1000 Mbps). O cable non dispón de blindaxe. A blindaxe é unha malla metálica que rodea os condutores e axuda a eliminar as posibles interferencias (os cables tipo STP e FTP si teñen blindaxe). As interferencias no cable UTP só son eliminadas polo trenzado dos condutores (este método baséase en que o sinal interferente vai afectar por igual a todos os condutores e vai ser cancelado ao estar presente no cable de sinal e no de terra). O nome vén de Unshielded Twisted Pair.
Ver tamén:
cable; cable FTP; cable STP; sistema de cablaxe estruturada