Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

centro de atención telefónica

Punto de contacto co cliente que ten como obxectivo xestionar un alto volume de chamadas cun alto nivel de automatización e redirixir os clientes, agás nos casos máis triviais e procedementais, a outras instancias de soporte ou comerciais dunha organización ou empresa.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
centro de atención ó cliente; CAC
Abreviatura: 
CAT
Exemplo: 
Cristina traballou durante un ano nun centro de atención telefónica dun operador de telefonía móbil.
Información complementaria: 
Grazas á automatización o centro de chamadas pode atender un alto número de chamadas á vez. Son usadas por grandes compañías para xestionar a atención ao cliente, para campañas de telemárketing, etc.
Ver tamén: 
telemárketing
Traducions
Tradución portugués: 
central de atendimento; centro de atendimento telefónico; centro de contacto
Tradución castelán: 
centro de llamadas; centro de atención al cliente; centro de atención de llamadas; centro de atención telefónica
Tradución francés: 
centre d'appel; centre d'appels
Tradución italiano: 
servizi chiamate
Tradución inglés: 
call center (US); call centre (GB); contact center (US); contact centre (GB); customer contact center (US); customer relation center (US); customer contact centre (GB); customer relation centre (GB)
Tradución alemán: 
Telefon-Beratungszentrum; Kundenberatungszentrum; Kundenbetreuungszentrum