Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

campo magnético

Campo vectorial que lle asigna a cada punto do espazo físico un valor determinado pola forza magnética que sufriría un imán colocado nese punto.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria: 
O magnetismo é unha propiedade da materia que se manifesta xerando forzas entre os elementos que a posúen. Existen imáns permanentes que son obxectos de material magnético que, como o seu nome indica, producen sempre unha forza magnética. Outros imáns só actúan como tales cando unha corrente eléctrica circula por eles. Son os chamados electroimáns. Os campos magnéticos son sempre creados polas cargas en movemento polo que calquera condutor eléctrico é realmente un electroimán de maior ou menor potencia. O movemento dos electróns ó redor dun átomo é realmente unha corrente variable, polo que todo átomo é tamén un pequeno imán (realmente, éo cada electrón). Na maioría dos materiais os campos debidos aos seus átomos son cancelados porque cada un apunta nunha dirección aleatoria. Os chamados materiais magnéticos (metais derivados do ferro) teñen a capacidade de orientar todos os átomos na mesma dirección na presenza dun campo magnético externo. Iso converte o material nun imán. Ademais a orientación permanece unha vez que desaparece o campo externo (memoria magnética) polo que o material queda convertido nun imán permanente.
Ver tamén: 
campo eléctrico; ecuacións de Maxwell
Traducions
Tradución portugués: 
campo magnético
Tradución castelán: 
campo magnético
Tradución francés: 
champ magnétique
Tradución italiano: 
campo magnetico
Tradución inglés: 
magnetic field