Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

capacidade da canle

Velocidade de transmisión máxima en bits por segundo ofrecida por unha canle de comunicacións.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
C
Exemplo: 
A capacidade da canle do aire é extraordinaria xa que permite transmitir ao mesmo tempo moitas canles de televisión, de radio e de telefonía móbil.
Información complementaria: 
De acordo co teorema de Shannon-Hartley a capacidade dunha canle é directamente proporcional ao ancho de banda da canle medida en hertzs e á relación sinal-ruído medida á entrada da canle. A capacidade dunha canle mídese de dous xeitos: 1) O ancho de banda, que é o rango de frecuencias permitidas nesa canle. Un maior intervalo de frecuencia implica unha maior capacidade; 2) A velocidade de transmisión, que é o número de símbolos (moitas veces bits) que son transportados pola canle nunha unidade de tempo (xeralmente nun segundo). Esta é unha cantidade que sempre depende do rango de frecuencias e, aínda que moitas veces se lle chama a este número ancho de banda, esa é unha denominación errónea. Claude E. Shannon fíxose famoso polo seu estudo da capacidade das canles. En particular, este enxeñeiro e matemático atopou a relación entre a capacidade da canle e a calidade da transmisión. Aínda que o ancho de banda sexa pequeno, se a calidade de transmisión é grande podemos transmitir moita información xa que a poderemos comprimir moito xuntando moitos bits en unidades chamadas símbolos. Non obstante, se a calidade é baixa o ancho de banda non vai servir de moito. Este resultado coñécese como o Teorema de Shannon da capacidade das canles.
Ver tamén: 
entropía; información mutua; teoría da información
Traducions
Tradución castelán: 
capacidad de canal
Tradución inglés: 
channel capacity
Tradución alemán: 
Kanalkapazität