Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

central

Sistema de comunicación que conecta o teléfono dun usuario A co dun usuario B cando o abonado A marca o número do B.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
central telefónica
Información complementaria: 
Existen moitos tipos de centrais que podemos clasificar polo seu posto na xerarquía telefónica: - Central local: conectada cos usuarios dunha zona (barrio, poboación, etc). Cando unha chamada conecta a dous usuarios da mesma central non é necesario que esta se comunique co exterior. En caso de que a chamada saia fóra da súa zona hai que dispoñer de enlaces de nivel superior que conecten esta central con outras de maior rango. - Central de tránsito: de rango superior que interconecta centrais locais ou centrais de tránsito de maior nivel. Dependendo da organización do operador pode ser comarcal, provincial, etc. As centrais de teléfonos son centrais privadas adquiridas por un usuario para concentrar o tráfico telefónico nas súas instalacións (moitas veces coñécense polo acrónimo inglés PBX: Private Branch eXchange). As vantaxes de ter unha central son moitas: - O tráfico interno de voz é cursado por esta sen saír ao exterior e con custo cero. - Non fai falta ter unha liña e pagala por cada usuario. A PBX terá, por exemplo, cinco liñas ao exterior, e pode haber vinte usuarios compartíndoas, pero non poden chamar máis de cinco á vez. - Outra vantaxe é que podemos ter aplicacións informáticas que nos dean información interesante sobre o uso da telefonía e da central: gasto por usuario, gasto por departamento, etc. Por exemplo, nos hoteis, isto úsase para calcular a factura telefónica dun cliente.
Ver tamén: 
conmutación
Traducions
Tradución portugués: 
PBX
Tradución castelán: 
centralita
Tradución francés: 
autocommutateur téléphonique privé
Tradución italiano: 
centrale telefonica per uso privato; PBX
Tradución inglés: 
Private Branch eXchange; PBX
Tradución alemán: 
Telefonanlage