Pastilla ou oblea de moi reducidas dimensións (inferior a 1 cm²) onde se concentran unha gran cantidade de dispositivos microelectrónicos como díodos, transistores e mecanismos pasivos como resistencias e condensadores.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
circuíto integrado
Información complementaria:
O número de compoñentes integrados nun circuíto vén determinado pola escala de integración, como a VLS (Very Large Scale Integration) que comprende de 10.000 a 99.999 compoñentes e a ULSI (Ultra Large Scale Integration) que abrangue máis de 100.000 compoñentes.
Ver tamén:
integración; ULSI; VLSI