Familia ou clase de circuítos integrados ou chips que traballan xuntos e que se agrupan baixo a forma dun único compoñente, composto por un chip central e outros chips periféricos ou auxiliares.
Categoría Gramatical:
substantivo inglés (swine)
Información complementaria:
O termo está ligado á arquitectura de ordenadores, integrando xunto á unidade central de procesado ou CPU outros circuítos de función auxiliar que liberan á CPU da supervisión constante do manexo da memoria, son, gráficos, comunicacións en serie e en paralelo ou o control de unidades de almacenamento como discos duros.
Os principais fabricantes de chipsets na actualidade son AMD, Intel, NVIDIA, Silicon Integrated Systems e VIA Technologies, baseados en arquitectura x86 de 32 e 64 bits.
Ver tamén:
compatible x86