Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

código corrector

Código de redundancia usado para corrixir erros de comunicación sen necesidade de retransmisións.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria: 
No momento en que a comprobación da redundancia non coincide, faise un estudo das posibles causas (bits erróneos) e elíxese a máis probable. Os códigos correctores úsanse en sistemas que pola súa natureza non admiten a solución de detectar o erro e retransmitir os datos, por exemplo: televisión e radio dixitais. Neste caso non ten sentido pedir retransmisión dunha imaxe e representala fóra da súa orde... por iso o código corrector “fai o mellor que pode” e, en calquera caso, o sistema continúa funcionando. O uso de códigos correctores adoita chamarse en inglés Forward Error Correction.
Ver tamén: 
código; código de redundancia; redundancia dinámica
Traducions
Tradución portugués: 
código de correçâo
Tradución castelán: 
código corrector
Tradución francés: 
code correcteur
Tradución italiano: 
codice a correzione
Tradución inglés: 
error-correcting code
Tradución alemán: 
Fehlerkorrekturverfahren