Parte do procesamento de imaxe dedicada ao estudo das diferentes formas de representación matemática da cor.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Información complementaria:
A representación básica fundaméntase nos tres compoñentes primarios (vermello, verde e azul) pero existen moitas máis, por exemplo:
1) YCbCr (luma+croma) é unha representación utilizada en televisión analóxica e dixital e nalgúns sistemas de compresión de imaxe fixa (como JPEG).
2) En artes gráficas, as tintas primarias son de cor amarela, ciano e maxenta, son as tintas que usan tamén as impresoras de cor.
3) HIS, Lab, etc. e outras moitas representacións utilizadas en sistemas de visión artificial.
A colorimetría estuda as propiedades de todas estas representacións e os métodos e fórmulas utilizados para facer conversións entre elas.
Ver tamén:
cuadricromía; Cyan, Magenta, Yellow and Key; Cyan, Yellow, Magenta and Green;