Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

conectador coaxial tipo APC-7

Conectador coaxial de tipo estándar cun diámetro interior do condutor exterior de 7 mm de diámetro, caracterizado pola súa asexualidade, o que lle evita aos laboratorios a necesidade de dispoñer de conectores en versión de macho e femia.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Debe o seu nome á empresa que perfeccionou o seu deseño, Amphenol Precision Connector, se ben foi Hewlett-Packard quen o comenzou a mediados de 1960. Trátase de conectadores de gran precisión e excelentes características eléctricas de traballo polo que é habitual o seu uso nos equipos de instrumentación de laboratorio. Chegan a ofrecer un valor de coeficiente de reflexión VSWR de 1.04:1 a 18 GHz. A repetibilidade, medida coma a variación do valor de coeficiente de reflexión, destes conectores é moi alta e chega a unha desviación máxima de ±0.001, valor que garante a repetición da medida. Debido ao seu limitado campo de traballo caeu en desuso e foi substituído por outros.
Traducions
Tradución castelán: 
conector coaxial APC-7
Tradución francés: 
connecteur coaxial APC-7
Tradución inglés: 
coaxial connector APC-7