Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

conmutación

Conxunto de tecnoloxías e operacións necesarias para unir entre si os circuítos coa finalidade de establecer unha comunicación temporal entre dúas ou máis estacións ou postos.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
N/A
Abreviatura: 
N/A
Exemplo: 
N/A
Información complementaria: 
Cando temos moitas estacións ou usuarios capaces de iniciar ou recibir comunicacións non é práctico conectar todos con todos senón que a solución pasa por conectar todos cun elemento central (o conmutador). Este conmutador vai recibir intentos de iniciar comunicación de todos os usuarios e deberalles enviar eses petimentos (ou chamadas) aos receptores adecuados. Hai dous tipos diferenciados de conmutación: - A conmutación de circuítos: trátase de unir fisicamente o usuario chamante co chamado. Neste caso establécese un vínculo físico (circuíto) entre os equipos terminais de ambos. Mentres a comunicación dura, o terminal do chamante só emite cara ao chamado (e viceversa). Ademais cada comunicación activa mantén ocupados unha serie de recursos: o enlace entre o chamante e o conmutador, o enlace entre o chamado e o conmutador e os recursos que use o conmutador para unir ambos. Este tipo de conmutación foi inventada para as comunicacións telefónicas e segue a ser usada nelas (excepto na voz sobre IP). Os primeiros conmutadores usaban elementos mecánicos (discos rotatorios, barras cruzadas) para lograr unha unión eléctrica. Os máis modernos usan recursos lóxicos como slots de tempo en fluxos de bits pero segue a haber unha reserva de recursos e unha exclusividade (os usuarios só se comunican entre si) mentres dura a conexión. De feito, este modelo de comunicación chámase “orientado a conexión”. - A conmutación de paquetes: funciona como os sistema de correos. Os usuarios envían anacos de información binaria (paquetes) co destino ben definido. O conmutador recibe os paquetes e reenvíallos ao destinatario adecuado. Pode almacenalos e reenvialos máis tarde ou pode empezar a reenviar antes de ter recibido todo. Neste modelo non existen conexións físicas aínda que ás veces se defínen conexións virtuais (o sistema A garda todos os datos para comunicarse co sistema B mentres dura a conexión. Se está ben feito, o usuario crerá que hai un circuíto virtual entre ambos).
Ver tamén: 
central; conmutador
Traducions
Tradución portugués: 
conmutaçâo
Tradución castelán: 
conmutación
Tradución italiano: 
conmutazione
Tradución inglés: 
switching