Corrente eléctrica na que a magnitude e dirección varían ciclicamente.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura:
CA
Información complementaria:
A forma de onda da corrente alterna máis comunmente utilizada é a de onda sinusoidal, xa que se consegue unha transmisión máis eficiente da enerxía. Non obstante, en certas aplicacións utilízanse outras formas de onda periódicas, tales como a triangular ou a cadrada. Xeralmente utilizada para a transmisión de enerxía a fogares e empresas. Os sinais de audio e de radio transmitidos por cable son tamén exemplos de corrente alterna.
Ver tamén:
corrente continua; corrente eléctrica