En electrónica de alta frecuencia, díodo que consiste nun semicondutor con dúas rexións N fortemente dopadas separadas por unha delgada rexión N intermedia con dopaxe lixeira, polo que, cando se lle aplica unha voltaxe aos terminais, o gradiente térmico da zona intermedia é maior que nos extremos, presentando así unha zona de resistencia negativa que combinada coa aplicación dunha corrente a través do dispositivo converte o oscilador de relaxación en xerador de frecuencia.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
Foi descuberto por Gunn en 1963 traballando con arseniuro de galio (GaAs) e o fosfuro de indio (InP). É usado para construír osciladores no rango de frecuencias comprendido entre os 10 GHz e 3 THz.
Ver tamén:
díodo