Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

disquete

Dispositivo de almacenamento de información composto por un disco magnético delgado e flexible protexido por unha cuberta cadrada de plástico ríxido.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Exemplo: 
O computador que acabo de comprar non trae dispositivo lector de disquetes, polo que non os podo empregar.
Información complementaria: 
Atendendo ao tamaño existen tres tipos que miden o seu ancho en polgadas: 8, 5¼ e 3½. A súa capacidade varía desde os 80 kB ata os 200 MB, sendo os de 1,44 MB (3½ polgadas) os máis empregados. Na actualidade o seu uso é reducido, xa que este sistema foi substituído polos dispositivos ópticos e de memoria non volátil.
Traducions
Tradución portugués: 
disquete
Tradución castelán: 
disquete; disco flexible
Tradución francés: 
disquette; disque souple
Tradución italiano: 
floppy disk
Tradución inglés: 
floppy disk
Tradución alemán: 
Diskette