Compañía americana de orixe británica especializada en facer filtros para a redución de ruídos.
Categoría Gramatical:
nome propio de asociacións, empresas, organizacións e sociedades
Información complementaria:
Deuse a coñecer polos seus filtros supresores de ruído das cintas de casete (Dolby A/B/C). Tamén no sector de audio cabe destacar o HX-Pro. Introduciu formatos para cine de 35 mm como o Dolby Stereo e finalmente unha familia de formatos dixitais multimedia entre os que se poden destacar Digital Surround, Digital Plus e as subfamilias de Digital Pro Logic.
Ver tamén:
Dolby; Dolby A; Dolby B; Dolby C; Dolby DBX; Dolby Digital; Dolby Digital Surround EX; Dolby E; Dolby Pro Logic; Dolby Pro Logic II; Dolby SR; Dolby TrueHD