Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

multiplexador de acceso a liñas dixitais

Equipamento situado no edificio de operacións de procesos das compañías operadoras de rede que funciona coma ponte entre o usuario final e a rede de servizos de Internet e telefonía.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria: 
Cando un multiplexador de acceso a liñas dixitais recibe o sinal do usuario, veriifica se é unha chamada de voz, e neste caso desvíaa á rede de telefonía conmutada. No caso de que sexa unha chamada de datos, desvíaa cara a Internet. As tecnoloxías de telefonía a través de IP débense considerar como un envío de datos e non de voz. É frecuente que a velocidade que contrata un usuario non sexa a que o operador de rede ofrece. Isto débese ás carencias das tecnoloxías DSL, ao bucle de abonado ou a que o traxecto desde o multiplexador de acceso a liñas dixitais para o usuario non é sempre o mesmo, pois canto máis lonxitude teña peor é a calidade. Uns valores orientativos son os seguintes: 25 Mbit/s a 300 m; 24 Mbit/s a 600 m; 23 Mbit/s a 900 m; 22 Mbit/s a 1.2 km; 21 Mbit/s a 1.5 km; 19 Mbit/s a 1,8 km; 16 Mbit/s a 2,1 km; 1,5 Mbit/s a 4,5 km; 0,8 Mbit/s a 5,2 km
Ver tamén: 
centro de procesamento de datos
Traducions
Tradución portugués: 
multiplexador de acesso a linha digital do assinante
Tradución castelán: 
multiplexador de líneas digitales de acceso
Tradución francés: 
multiplexeur d'accès à la ligne d'abonné numérique; multiplexeur d'accès DSL
Tradución inglés: 
digital subscriber line access multiplexer; Digital Subscriber Line Access Multiplexer ; DSLAM
Tradución alemán: 
DSL-Vermittlungsstelle