Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

ecuacións de Maxwell

Conxunto de ecuacións diferenciais parciais que describen a relación entre as propiedades do campo eléctrico e o campo magnético e que os relacionan coas súas fontes, a densidade de carga e a densidade de corrente.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina que non admite singular (páxinas amarelas)
Sinónimos: 
Non
Abreviatura: 
Non
Exemplo: 
Non
Información complementaria: 
Foron enunciadas en 1873 por James Clerk Maxwell, de onde reciben o seu nome. Unificou os campos eléctricos e magnéticos, postulando a existencia das ondas electromagnéticas e a súa capacidade de propagación por un medio dieléctrico. Nos seus libros A Dynamical Theory of the Electromagnetic Field (1865) e Treatise on Electricity and Magnetism (1873), Maxwell pretendeu sintetizar tódalas teorías que ata entón se enunciaran en relación aos campos eléctrico e magnético e ás súas interrelacións, dende a lei de Coulomb, Gauss, Ampère e Faraday ata Lorentz. Ningunha das ecuacións iniciais é orixinal, salvo a xeneralización da lei de Ampère na que introduce a derivada temporal do campo eléctrico, coñecida como corrente de desprazamento, e que fundamentaba a existencia de ondas electromagnéticas propagándose a unha velocidade dependente do medio, unificando así a óptica co electromagnetismo. Inicialmente describiu trece fórmulas e vinte variables en notación de quaternións, que foron posteriormente reescritas por Oliver Heaviside en tres ecuacións grazas á aplicación da análise vectorial desenvolta conxuntamente con Willard Gibbs. Definiu así mesmo un operador para a resolucións das ecuacións en derivadas parciais enunciadas, equivalente á transformada de Laplace. Gibbs e Hertz colaborarían tamén no traballo de Heaviside no cambio de notación vectorial e reduciron o conxunto de ecuacións a catro, feito que supuxo o nacemento da teoría electromagnética tal como hoxe se coñece. En 1890 Hertz demostraría de xeito práctico a certeza da teoría enunciada por estas ecuacións mediante a realización do primeiro experimento de transmisión radiada.
Ver tamén: 
campo electromagnético; electromagnetismo; transmisión
Traducions
Tradución portugués: 
equações de Maxwell
Tradución castelán: 
ecuaciones de Maxwell
Tradución francés: 
équations de Maxwell
Tradución inglés: 
Maxwell’s equations