Parámetro que mide a eficiencia dunha modulación dixital equivalente á cantidade de información que pode ser transmitida sobre un ancho de banda determinado para un sistema de comunicación dixital específico.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
Medida en bits/(s*Hz) obtida da división entre a taxa binaria da rede e o ancho de banda dispoñible, no punto de máximo rendemento.
O valor máximo teórico que pode alcanzar está limitado pola taxa de Nyquist ou Lei de Hartley, para calquera esquema de modulación. Para un sistema sen fíos defínese a eficiencia espectral por área, cela ou sitio, medido en bits/(s*Hz*área) ou bits/(s*Hz*cela), e é indicativa do número de usuarios ou servizos que o sistema pode ofrecer simultaneamente nunha área xeográfica definida cun ancho de banda de radiofrecuencia limitado.
Ver tamén:
capacidade da canle; lei de Hartley