Representación da variación temporal da densidade espectral dun sinal, onde o tempo se define no eixo horizontal, a frecuencia no vertical e a amplitude da densidade espectral para unha frecuencia dada nun instante de tempo concreto nunha terceira dimensión, a miúdo mediante a intensidade ou a cor en cada punto se se representa nun plano.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
A forma de calcular un espectrograma é mediante o cálculo da transformada curta de Fourier ou mediante unha serie de filtros pasobanda.
Ver tamén:
transformada de Fourier; filtro pasabandas; densidade espectral de potencia