Unidade derivada de capacidade eléctrica do Sistema Internacional.
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura:
F
Información complementaria:
O nome "farad" estableceuse en honor ao físico inglés Michael Faraday. Os elementos básicos dos circuítos eléctricos son tres: resistencias, bobinas e condensadores. Os condensadores caracterízanse pola "habilidade" para acumular carga, característica denominada capacidade eléctrica e que se mide en farad. O farad represéntase cun F e é unha unidade grande (para ter un condensador de 1 F faría falta un compoñente de tamaño monstruoso). Normalmente úsanse os divisores do farad coma o microfarad (μF, millonésima de farad) ou o nanofarad (nF, mil millonésima).
Ver tamén:
condensador; Sistema Internacional