Tecnoloxía de acceso de fibra óptica, empregada por operadores de servizos de telecomunicacións, caracterizada por estender a rede de fibra óptica ata a mesma unidade inmobiliaria co fin de proporcionar un ancho de banda capaz de ofrecer servizos avanzados de telecomunicacións.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Unha das razóns pola que non está estendida hoxe é polos custos de implementación no tramo do bucle de abonado. Irase implementando a medida que os servizos requiran de maior largo de banda.
Existen dúas arquitecturas para levar a fibra ao fogar baseadas en redes ópticas pasivas:
1) Baseadas en divisores ópticos pasivos.
2) Baseadas en liñas dedicadas con topoloxía en estrela (máis cara).
Ver tamén:
fibra ata o edificio; fibra ata a beirarrúa