Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

sistema de posicionamento global

Sistema de posicionamento por satélite desenvolvido polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos que determina a localización dun punto medindo o retardo a tres satélites cunha precisión de nanosegundos, mentres que un cuarto satélite mide os erros de tempo entre os tres de posicionamento, conquerindo con exactitude a ubicación en altitude do punto.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
sistema GPS; GPS; NAVSTAR-GPS
Abreviatura: 
GPS
Información complementaria: 
O seu nome oficial é NAVSTAR-GPS (NAVigation SysTem And Ranging-Global Positioning System). Aínda que o seu uso depende do Departamento de Defensa de Estados Unidos, este concedeu abrir o sistema para usos civís. Isto ten o inconveniente de que o propio sistema pode introducir erros deliberados para evitar o seu uso por países inimigos, utilizando o que se chama dispoñibilidade selectiva. Para contrarrestar estes erros de desenvolvemento, o GPS Diferencial (DGPS) ten unha base emisora nun punto xeográfico coñecido, grazas ao cal se resta o sinal de erro. Os GPS comúns non levan esta tecnoloxía, que é moito máis cara e para aplicacións que requiren moita precisión. Pénsase que este sistema vai desprazar a todos os sistemas de navegación existentes ata o momento. Os motivos principais para a súa construción foron as importantes limitacións que tiña o sistema TRANSIT. O primeiro satélite lanzouse en 1978, pero non obstante o sistema non estivo operativo ata 1992. Foi desenvolvido polas forzas aéreas dos EUA e as súas principais características son as seguintes: Gran rapidez en obter a posición, moi boa precisión e cobertura global e continua.
Ver tamén: 
Galileo; GLONASS; GPS diferencial
Traducions
Tradución portugués: 
Sistema de Posicionamento Global; GPS;
Tradución castelán: 
Global Positioning System; GPS; Sistema de Posicionamiento Global; NAVSTAR-GPS
Tradución francés: 
système de localisation GPS
Tradución italiano: 
Global Positioning System; GPS; NAVSTAR GPS; NAVigation Satellite Time And Ranging Global Positioning System
Tradución inglés: 
NAVSTAR-GPS; GPS; NAvigation SysTem And Ranging-Global Positioning System; Global Positioning System
Tradución alemán: 
GPS; Global Positioning System; NAVSTAR GPS