Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

sistema hexadecimal

Sistema de numeración posicional en base 16.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
hexadecimal
Abreviatura: 
H; HEX
Información complementaria: 
O seu uso actual está moi vencellado á informática, pois as computadoras adoitan utilizar o byte ou octeto como unidade básica de memoria, e debido a que un byte ocupa 8 bits, os cales están formados por 2 nibbles de 4 bits que corresponden a unha cifra en base 16. Polo tanto, un byte estará formado por dous díxitos hexadecimais. Para a representación das cifras hexadecimais utilízase do 0 ó 9 para os 10 primeiros díxitos, e da letra A ata o F, para os restantes do 11 ao 16. Para especificalo na escrita en código fonte adóitase representar coa letra h posposta (AFh) ou co prefixo 0x (0xAF).
Ver tamén: 
sistema binario; sistema de Gray; sistema octal
Traducions
Tradución portugués: 
sistema hexadecimal
Tradución castelán: 
sistema hexadecimal
Tradución francés: 
sistème hexadécimal
Tradución italiano: 
sistema numerico esadecimale
Tradución inglés: 
hexadecimal
Tradución alemán: 
Hexadezisimalsystem