Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

hospedaxe

Servizo que consiste en ofrecer un espazo físico en disco nun servidor no cal se poden ubicar datos, xa sexa con acceso restrinxido (copia de seguridade, albergue de aplicacións privadas en liña, etc.) ou público (publicar unha páxina web, conservar documentos para descargar, etc.), que lles permite a persoas e empresas prestar ou utilizar contidos e servizos a través da rede desde un equipo que non é da súa propiedade.