Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Hyper Text Markup Language

'Linguaxe de etiquetaxe de hipertexto', linguaxe estandarizada para a creación de documentos web, derivada de SGML, escrita sobre un documento con extensión interpretable por un navegador a través do modelo de obxectos do documento (DOM), que permite inserir elementos multimedia.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
HyperText Markup Language; Hypertext Markup Language
Abreviatura: 
HTML
Exemplo: 
A miña web está feita con HTML estándar.
Información complementaria: 
Caracterizada por non diferenciar entre maiúsculas e minúsculas, por si mesma só permite construír contido estático, pero pode ser completada con outro tipo de guións, tanto por parte do cliente coma do servidor, para construír páxinas dinámicas, acceso a bases de datos, etc. O contido formátase mediante etiquetas (tags). As etiquetas poden ser dobres, marcando o principio e a fin do contido sobre o que van actuar, ou simples, cando representan unha acción concreta (como pode ser un salto de liña: <br>). O documento contén unha serie de marcas que son interpretables como obxectos polo DOM do navegador. O DOM fai de intérprete do que escribimos atribuíndo un ou varios obxectos na visualización da páxina. Un exemplo disto é unha xanela dentro dun formulario para engadir contido.
Traducions
Tradución portugués: 
HyperText Markup Language; HTML
Tradución castelán: 
HyperText Markup Language; HTML
Tradución francés: 
langage de balisage hypertexte; HyperText Markup Language; HTML
Tradución italiano: 
HyperText Markup Language; HTML
Tradución inglés: 
HyperText Markup Language; HTML; Hyper Text Markup Language
Tradución alemán: 
Hypertext Markup Language; HTML