Relación existente entre a diferenza de potencial entre a entrada e a saída e a intensidade da corrente absorbida pola liña de transmisión no caso hipotético de que teña unha lonxitude infinita, medida en ohms.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
Z0
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
É unha cantidade complexa, idealmente independente da frecuencia da tensión aplicada e da lonxitude da liña. Para unha máxima transferencia de potencia desde a fonte á carga, de xeito que non exista enerxía reflectida por desaxuste de impedancias, unha liña de transmisión debe terminar nunha carga puramente resistiva igual á impedancia característica da liña. Cuantifícase en ohm, pero non se pode medir de xeito práctico.
Ver tamén:
admitancia; impedancia; liña de transmisión