Tubo de baleiro de feixe lineal usado como amplificador de microondas ou como oscilador, que modula a velocidade dos electróns da fonte, polo cal se produce unha modulación do feixe que permite a amplificación coherente do sinal de modo que a onda de saída resulta perfectamente controlable en amplitude, frecuencia e fase.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
klystron
Información complementaria:
Existen dúas clases: de cavidade múltiple e de cavidade única ou réflex. Os primeiros empréganse como amplificadores de moi alta potencia e os segundos nos aceleradores lineais.
Inventado polos irmáns Sigurd e Russell Varian no verán de 1937 na universidade de Stanford, presentouse oficialmente en 1939. Durante a Segunda Guerra Mundial os Aliados empregaron o magnetrón, mentres que o Triple Eixe fixo uso da tecnoloxía clistrón para os sistemas de radar.
Ver tamén:
amplificador; oscilador