Conexión que se emprega para darlles saída e entrada aos datos cando a liña de comunicación principal non está operativa e que queda en estado de agarda se esta volve funcionar.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
Unha mesma liña de datos pode ser empregada como liña para balanceo de datos ou como liña de apoio, dependendo da funcionalidade que se lle queira dar.Ver tamén:
balanceo de liñas; liña dedicada; rede secundaria; rede troncal







