Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

mesturador (02)

Circuíto electrónico deseñado para mesturar sinais.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Información complementaria: 
Con mestura faise alusión a unha operación matemática entre os sinais. Normalmente fálase de mesturador cando se quere: - Sumar os sinais. Hai mesturadores que suman os sinais de varias antenas para distribuílos polo mesmo cable. Son comúns os que suman sinais de televisión de UHF cos de VHF e, ás veces, tamén cos de radio FM. - Multiplicar os sinais (mesturadores non lineais). Moitos receptores utilizan este tipo de circuítos.
Traducions
Tradución castelán: 
mezclador
Tradución francés: 
mélangeur
Tradución italiano: 
mixer
Tradución inglés: 
mixer
Tradución alemán: 
Mischer